miércoles, 20 de febrero de 2013

O agasaio perfecto para os nenos e nenas de todas as idades.




Paso a paso:

Preparo os patróns das distintas pezas que formarán o corpo da boneca e marcos sobre tela de algodón.


Bordo a cara da boneca: nesta ocasión os ollos de cor azul, debúxolle un sorriso...


Relleno cada unha das partes que formarán a boneca con anacos de trapo e únoas para formar o corpo completo da boneca.


Agora é o momento de crear o peinado, utilizando lás de distintas cores.


A partir de aquí comeza o traballo máis importante, xunto co bordado da cara e o peinado, o que eu considero que establece a diferencia: a roupa e os complementos. Na elaboración de cada prenda escollo os tecidos de forma coidadosa, o deseño da roupa é único en cada unha das bonecas e trato con moito mimo todos os detalles: cada lazo, cada pliegue...


Para rematar, un toque de colorete.

Ola!

Ola!

Benvidas e benvidos a este recunchiño no que me gusta compartir as cousas que vou facendo:
-bonecas de trapo, fofuchas
-body´s, babeiros, capa-toalla
-letras en fieltro
-camisetas
-bolsas e mochilas
-disfraces e moitas cousas máis...

Invítote a dar unha volta pola páxina e se queres comentar algo ou facer algunha consulta, estarei máis que encantada e se atopas algo que che guste e se che apetece facer un regalo único e orixinal para ti ou para ese alguén tan especial, este é o lugar no que se agochan eses "tesouros secretos", lembra que se poden personalizar e acepto suxerencias para que sexa ese algo tan único e especial.
Aquí vos espero, unha aperta
Isa